miércoles, 18 de diciembre de 2013

Campás de Nadal

Como todos os anos, os trasniños elaboramos uns adornos para as nosas árbores de nadal.
Este ano fixemos unhas campás, para o que usamos oveiras, témperas de cores, alkil, estrelas de papel brillante, cascabeis e limpa pipas.




Cortamos o centro das oveiras cunhas tesoiras ou cúter.

Como as oveiras son de cor verde dámoslles unha capa de témpera branca para que despois se fixe mellor a témpera de cor.


Despois dámoslle dúas capas da témpera de cor elixida.


Cunha perforadora facemos estrelas de cores de papel brillante.



Botamos alkil para fixar as estrelas e dar brillo ás campás.


Colocamos un cascabel nos extremos dos limpiapipas e por último colocamos estes nas campás.




No hay comentarios:

Publicar un comentario