jueves, 21 de noviembre de 2013

Proxecto A Paisaxe: bosques e montes

A semana pasada estivemos traballando na aula os bosques e montes, vimos as árbores que alí podemos atopar (carballo, castiñeiro, bidueiro, ameneira, piñeiro, abeleira, eucalipto...), así como os animais que habitan neles (lobo, raposo, corzo, xabaril, cobra, moucho, paporrubio, esquío...).


Ademais, vimos imaxes do Monte Xalo, que se atopa no Concello de Carral, así como da Fraga de Cecebre, famosa por que o escritor Wenceslao Fernández Flórez inspirouse nela para escribir o seu libro "O bosque animado", do que tamén fixeron unha película de animación, que estos días estamos a ver na aula.
O compañeiro Gabi trouxo tamén unhas bonitas fotos das Fragas do Eume e do Monte Pindo, que foron vítimas, fai pouco, de dous devastadores incendios.
Aquí vos deixamos uns bonitos vídeos que vimos na aula sobre estos bonitos lugares, e desde aquí queremos sinalar a importancia de respectar e coidar os nosos espacios arboreos.




                     

Tamén limos na aula dous libros dos Bolechas que temos na biblioteca do centro: Os Bolechas descubren a montaña e Os Bolechas descubren as Fragas do Eume, da Editorial A Nosa Terra.





No hay comentarios:

Publicar un comentario