viernes, 4 de octubre de 2013

Novo proxecto: A paisaxe

Ola a todos, os trasniños xa temos un proxecto para este trimestre, a Paisaxe, centrándonos principalmente nos ríos e praias, temática do proxecto Voz Natura deste ano.
Estos son os nosos coñecementos previos sobre a paisaxe
-A paisaxe é un sitio que ten moitos tipos de herbas e flores.
-Hai moitas árbores e bolboretas e ten un sol moi brillante.
-É algo que está fóra da casa e xogamos por alí.
-Pode ter un castelo e torres.
-Pódese ir de excursión.
-A paisaxe é natureza.



Estos son os nosos coñecementos previos sobre os bosques e montes:
-Hai moitas árbores e moitos piñeiros.
-Hai animais: lobos, raposos, serpes, osos, bolboretas, esquíos...
-Hai persoas que queiman os montes.
-Non se pode facer churrasco nin tirar lixo.
-Bosques ou montes que coñecemos: o monte Xalo.



 Estos son os nosos coñecementos previos sobre os ríos:
-O río ten auga e pódese nadar.
-O río e longo e fai ruido.
-A auga do río e boa para beber os animais.
-Nos ríos hai animais: peixes, caimanes, crocodilos, cágados...
-Non coñecemos ningún río cercano.




Estos son os nosos coñecementos previos sobre a praia:
-A praia vaise a xogar e bañarse no mar.
-Ten auga e area.
-Hai algas e peixes, quenllas, cangrexos, caracolas, conchas...
-Praias que coñecemos: Cabanas, Miño, Caión, Bastiagueiro, Santa Cristina...



Qué queremos saber?
-Qué é unha paisaxe?
-Cómo cambia a paisaxe en outono?
-Qué é un río?

-Qué é unha praia?
-Qué son os montes e bosques?
-Qué animais viven nos ríos, praias, montes e bosques galegos?
-Qué montes, bosques, ríos e praias coñecemos?
-Cómo podemos coidar os nosos bosques, montes, ríos e praias?



 Para axudarnos na nosa investigación necesitamos a vosa colaboración aportando información sobre o tema.
Non esquezades que calquera tipo de material pode ser moi útil: contos, libros, vídeos, fotos, obxectos, pelis, cancións, xogos...

Moitas grazas pola vosa colaboración.



No hay comentarios:

Publicar un comentario