jueves, 17 de octubre de 2013

Manteis para as merendas

Esta semana os trasniños rematamos por fín nosos manteis para as merendas.
Para elaboralos utilizamos uns folios azuis con perforacións con forma de flor feitas por min, e os pintamos con témpera verde para simular a herba.




Pintamos un cogomelo con témperas vermella e branca, picámolo e pegámolo no folio.




Imprimín e recortei uns trasniños para pegalos xunto ao cogomelo.



E decoramos a herba con gomets simulando as flores.


Por último plastificáronse e listo, xa temos uns preciosos manteis para poñer na mesa á hora da merenda.






 







Espero que vos gusten.
Bicos

No hay comentarios:

Publicar un comentario