miércoles, 30 de octubre de 2013

Gatos negros e cabazas para o Samaín

Durante estas dúas últimas semanas estivemos a preparar a aula para a chegada do Samaín.
Por un lado elaboramos uns bonitos gatos negros con tubos de papel hixiénico, témpera negra, limpiapipas, ollos de pñástico, papel, ceras e rotuladores prateados.



Coloreamos os tubos con témpera negra e dobramos o tubo pola parte superior para facer as orellas.



Pegamos os ollos de plástico e os limpapipas a modo de cola.
Coloreamos unhas cabazas de papel con ceras laranxas e as picamos.



Pegamos as cabazas nos gatos e pintamos os bigostes con rotulador prateado.
 

Tamén elaboramos unhas bonitas cabazas con témpera laranxa e verde e purpurina.
Esperamos que vos gusten!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario