miércoles, 12 de junio de 2013

Proxecto o Sol. Relación do Sol e os seres vivos. Enerxía solar.

Esta semana aprendemos o importante que é o sol para os seres vivos.
As plantas necesitan da luz solar para levar a cabo a fotosíntese, e así elaborar o zume que lles serve de alimento.



Por outra parte aprendemos que a nosa pel ten un pigmento chamado melanina que a escurece para protexela do sol, aínda que isto non é suficienta, polo que debemos protexernos con crema solar e lentes solares.



Por último vimos tamén que coa enerxía do sol se pode aproveitar para crear enerxía eléctrica a través de paneis solares.

Aquí vos deixamos uns vídeos moi interesantes do Profesor Super O Recargado nos que nos explican moi ben as vantaxes da enerxía solar e como é unha enerxía limpa co medio ambiente.





Ademaís, clicando no seguinte enlace, podedes acceder a unha lista de youtube no que aparecen más vídeos do Profesor Súper O Recargado nos que explica o funcionamento de outras enerxías renovables, como a enerxía undimotriz e xeotérmica, e as súas vantaxes para o medio ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario