miércoles, 12 de junio de 2013

"O Sol Vermello" de Miró.

Coincidindo co proxecto do Sol, estes días estivemos a traballar en plástica un cadro de Joan Miró, O Sol Vermello, así como outras obras deste xenial pintor, para familiarizarnos máis coas formas e cores usadas nas súas pinturas.




 Despois, cada un dos trasniños elaboramos o noso propio Sol Vermello.
Primeiro coloreamos con témpera as partes do cadro que pensamos que representan ao sol e ao ceo. Unha vez secos picámolos.




Pintamos o fondo do cadro con esponxa e témpera cor beis.
Unha vez seco, pegamos as pezas no fondo, e con rotulador negro e con moito coidado debuxamos os detalles laterais.
Por último, estampamos cos nosos dedos e témperas amarillla e azul uns círculos...e listo.




 


Xa temos a nosa obra rematada. Esperamos que vos guste.
Bicosssssssss






  

No hay comentarios:

Publicar un comentario