miércoles, 15 de mayo de 2013

Excursión á Alvarella

Esta semana os trasniños e os trasnos visitamos o Albergue de Ecoturismo de Alvarella, actividade organizada pola ANPA "Os rapaciños", onde realizamos diversas actividades relacionadas co medio ambiente e a reciclaxe. Pasámolo moi ben decorando camisetas estampando sobre elas follas secas, que recollimos previamente, coloreadas con témperas; elaborando saquiños perfumados con ramas de plantas aromáticas e buscando insectos para observalos con lupa, eso sí, despois os soltamos.
Ademais coñecimos a Boby, un can labrador moi bo co que xogamos moito, e vimos unhas placas solares que proporcionan parte da electricidade necesaria para o funcionamento do albergue.
Gustounos moito esta excursión, pasámolo tan ben e fixemos tantas cousas que á volta durmimos no autobús un bo anaco.


No hay comentarios:

Publicar un comentario