viernes, 31 de mayo de 2013

Proxecto o Sol. O día e a noite.

Esta semana chegaron máis materiais sobre o Sol á aula, e ademais aprendemos que o Sol é o centro do Sistema Solar, e que todos os planetas xiran en torno a el.


Decubrimos que a Terra tarda 1 ano en dar unha volta arredor do Sol, o que se chama movemento de translación.
Ademais, a Terra tarda en completar unha volta sobre se mesma 24 horas ou 1 día, o que se chama movemento de rotación, e segundo o lado da Terra que estea iluminado polo Sol, é de día ou é de noite, así que cunha lanterna e o globo terráqueo de clase fixemos a proba, e comprobamos que cando en España era de día...en Australia, por exemplo, era de noite.



Aquí deixámosvos os vídeos que vimos en clase sobre os movementos da Terra.





No hay comentarios:

Publicar un comentario