jueves, 9 de mayo de 2013

Agasallo do Día da Nai

Esta fin de semana levamos a caso os agasallos que elaboramos para as nosas nais. Unhas bonitas flores en macetas decoradas. Para a súa elaboración utilizamos : macetas pequenas de cores, gomets, alkil, palliñas, papeis de madalenas e trufas, cartolinas de cores, papel de seda e plastilina.





Primeiro pegamos os gomets nas macetas de cores e os cubrimos con alkil.





Pegamos os papeis de madalena e trufa ás palliñas coa pistola de silicona, esto faino a profe Helena porque é máis complicado.




Picamos unhas follas en cartolina verde e as pegamos ás flores con cinta adhesiva.



Poñemos plastilina dentro da maceta para poder clavar as flores, e cubrimos con papel pinocho de cor verde. Facemos boliñas de papel de seda e as colocamos no centro das flores.



Picamos uns corazóns de cartolina vermella e escribimos a nosa felicitación para mamá e as colgamos dunha flor con fío vermello, e listo!!! Xa temos o noso agasallo!!!




 

1 comentario: