martes, 9 de abril de 2013

Proxecto O Sol

Ola a todos. Xa temos temática para o noso 3º proxecto deste curso. Vamos a estudar o SOL, seguindo así co traballo sobre enerxías renovables iniciado no 1º trimestre co proxecto O vento.


Pero qué sabemos sobre o SOL? 
Aquí vos deixamos os nosos coñecementos previos:  
-O sol está no ceo.
-O sol é unha estrela que sae de día.
-O sol alumbra o chan e fai sombra.
-O sol ten moita luz e por eso necesitamos gafas de sol.
-Cando fai sol vamos á praia.
-Cando fai sol as bolboretas, as herbas e as flores crecen.
-Cando quenta o sol podemos ir de manga curta.
-O sol xera enerxía para que funcionen as máquinas.

-Cando fai sol saen os animais.


Unha vez falado o tema facémonos as seguintes preguntas:
-Que é o sol?
-Como é o sol? De que está feito?
-O sol reprodúcese?
-Porqué é tan importante o sol para as plantas e animais?
-Porqué cando tomamos o sol poñémonos morenos?
-Como axuda o sol a xerar enerxía?

Para axudarnos na nosa investigación necesitamos a vosa colaboración aportando información sobre o tema. Non esquezades que calquera tipo de material pode ser moi útil: contos, libros, vídeos, obxectos, fotos, pelis, cancións, xogos...

Moitas grazas a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario