miércoles, 13 de marzo de 2013

Crocodilo e xirafa

Os trasniños levamos varias semanas, dentro do proxecto A Xirafa, lendo uns contos moi divertidos sobre un crocodilo e unha xirafa que están namorados. Unha serie de contos moi bos que abordan un sentimento universal, que explica cunha linguaxe sinxela e próxima o torrente de sensacións e emocións que se producen en quen se namora. 
Tamén destaca por abordar este tema dende un enfoque global, partindo de situacións cotiás. Nunha sociedade onde se procura a
integración de razas, culturas, crenzas, e onde son cada vez máis habituais novas tipoloxías de familia, estes libros transmiten unha mensaxe fundamental: non é cuestión de altura, peso, idioma ou cultura; cando irrompe o amor, todas as barreiras son superables.


"Crocodilo namorado", "Unha casa a medida", "Unha parella diferente" e "Unha familia normal" son contos de Factoría K, de Kalandraka, escritos e ilustrados por Daniela Kulot.


























Aquí vos deixamos unha actividade LIM sobre este conto elaborada polo profe Carlos do CRA Os Remuíños.

  
E un vídeo musical sobre o conto. Esperamos que vos guste!!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario