viernes, 1 de febrero de 2013

GRAZAS. Día da Paz

Este ano, para conmemorar o día da Paz, e colaborando co Proxecto da Fundación Meniños, Abecedario de Convivencia, traballamos unha palabra moi importante para todos, que utilizamos para mostrar o noso agradecemento as persoas que nos queren e fan cousas por nos...GRAZAS.


Para elo imos descubrir como se di esta palabra noutros idiomas, así como o importante que é ser agradecido.
Cada un dos trasniños levou a palabra GRAZAS nun idioma á casa para decorar, e trouxoa á aula para elaborar un mural entre todos.


Despois Carmen grabounos co móvil dicindo cada unha das palabras, e elaboramos unha bonita actividade na Pizarra Dixital Interactiva. 


Aquí podedes ver todo o proceso, así como un vídeo moi chulo elaborado por Carmen. Esperamos que vos guste moito!!!

video
 


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario