miércoles, 16 de enero de 2013

Proxecto a XIRAFA

Ola a todos. Xa temos temática para o noso 2º proxecto deste curso.
Como durante este trimestre imos traballar os animais, Carmen deixounos escoller o animal sobre o que queríamos investigar, e depois de moito pensar e de unha longa votación, o animal elexido foi a XIRAFA.


Pero qué sabemos sobre este animal tan curioso?. Aquí vos deixamos os nosos coñecementos previos: 

-Vive en África.
-Come follas e mazás.
-É herbívora. 
-Ten un pescozo longo.
-Chega ata as árbores.
-É grande. 
-Ten unhas patas moi longas.
-Ten rabo.
-Son de cor amarela e marrón.
-Ten pelo na cabeza e no pescozo.
 

Unha vez falado o tema facémonos as seguintes preguntas:

-Como son as xirafas?
-Como se reproducen?
-Que comen?
-Onde viven?
-Como dormen?
Que son producen?
-Como se comunican?
-Teñen inimigos?


Para axudarnos na nosa investigación necesitamos a vosa colaboración aportando información sobre o tema. Non esuqezades que calquera tipo de material pode ser moi útil: contos, libros, vídeos, obxectos, fotos, pelis, cancións, xogos...

Moitas grazas a todos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario