viernes, 18 de enero de 2013

"Mamá puso un huevo"...(o cómo se hacen los niños)

Hoxe Carmen leunos un conto moi chulo no que nos explican como se fan os nenos.
"Mamá puso un huevo"...(o como se hacen los niños) publicado por Edicións Destino.



Ás veces, as persoas maiores, cústalles un pouco explicarnos certas cousas, iso é o que lle acontece á parella protagonista deste divertido libro, que un día deciden que é a hora de explicárllelo aos seus dous fillos de onde veñen os nenos/as. Pero cal será a sorpresa dos nenos ao escoitar as historias fantásticas de man dos seus papás (que se os nenos nacen dun ovo, tamén poden nacer nunha maceta, tráenos os dinosauros, saen dun tubo de pasta de dentes ou.... que son de mazapán!). Os nenos, mortos de risa, deciden que serán eles os que llo terán que explicar a papá e mamá. E farano dunha forma moi divertida mostrando algúns exemplos de como se xuntan os papás e as mamás, mediante unhas cómicas parellas sobre un monopatín, voando cuns globos, facendo acrobacias ou sobre unha pelota botibota.


O conto encantounos, e quedounos todo moi claro.
A autora do libro chámase Babette Cole, se clicades neste enlace (http://revistababar.com/wp/entrevista-a-babette-cole/) podedes ler unha entrevista que lle fixeron moi interesante.


 
Aquí vos deixamos os debuxos que fixemos despois da lectura.

Esperamos que vos guste.


Bicossssssss

No hay comentarios:

Publicar un comentario