jueves, 24 de enero de 2013

Chegou o inverno. Bonecos de neve. Don Fresquete

Empezamos o novo trimestre cunha nova estación, o inverno, así que traballamos un elemento moi importante desta época do ano, o boneco de neve.
En clase lemos un conto moi chulo titulado "Don Fresquete" de María Elena Walsh, íncluido dentro do libro Cuentopos de Gulubú.




E despois traballamos un pouco o lido a través da actividade LIM Don Fresquete, elaborada por Ana Martínez Rey, a que podedes acceder clicando na seguinte imaxe.



E seguindo con esta temática, en plástica elaboramos un boneco de neve cun tubo de papel hixiénico, témpera branca, cartolina negra, pegamento e folios de cores.



Coloreamos os tubos de papel hixiénico con témpera branca.



Picamos os círculos de cartolina negra cos que imos elaborar os sombreiros dos bonecos.
















 Carmen pega as partes dos sombreiros con cola branca.



Utilizamos perforadoras con formas e folios de cores para elaborar os ollos e nariz dos bonecos.




 Con folios de cor verde e vermella elaboramos as bufandas e tiras dos sombreiros.



E por último, pegamos todo. Aquí tedes o resultado.
Esperamos que vos guste!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario