sábado, 15 de diciembre de 2012

PDI. Árbores de Nadal

Estos días estamos a traballar na aula o Nadal, e moi especialmente un elemento moi típico destas datas, a árbore de nadal, así que Carmen preparounos unha actividade moi chula para a Pizarra Dixital Interactiva co programa Notebook.
Cada un dos trasniños tiña que adornar unha árbore dixital elaborada por Carmen con imaxes de adornos atopados en internet e introducidos na galería do programa.
Pasámolo moi ben e descubrimos unha nova alternativa ás árbores convencionais, jeje.
Aquí tedes os resultados, esperamos que vos gusten!!!
A panxoliña que acompaña a presentación ,"Árbol de Navidad", e a que estamos a aprender estos días na aula.
Mil bicosssssssssssssssssssss

PDI. Árbores de Nadal on PhotoPeach




E aquí vos deixamos a manualidade que elaboramos despois coas nosas árbores. As imprimimos, recortamos, pegamos nunha cartolina e decoramos con estrelas. Bicossssssssssssss



2 comentarios: