viernes, 16 de noviembre de 2012

Proxecto O vento. Aprendendo cousas novas.

Estas semanas estivemos aprendendo moitas cousas sobre o vento, qué é?, é sempre frío?, cómo o viraventos e o anemómetro serven para medir a súa dirección e velocidade, cales son os principais ventos de España?, qué é un temporal, un furacán ou un tornado?, qué deportes necesitan do vento?.
Aquí vos deixo algúns dos vídeos que vimos estos días.
Neste vídeo podedes ver os ventos que afectan a Península Ibérica.


O vento é fundamental para voar os papaventos, aquí vos deixo un vídeo moi chulo dunha exhibición de papaventos na Torre de Hércules.



Tamén descubrimos que o vento é fundamental en algúns deportes como a vela, windsurf, kitesurf, carrovelismo, kitebuggy, iceboating, á delta e parapente...e en especial gustounos moito este vídeo dunha nena de 3 anos voando en parapente, por primeira vez.

Parapente

 

Vela

Windsurf


  Kitesurf


Carrovelismo


Ice boating


Á delta


E tamén vimos que hai moitos anos, cando non había motores, os barcos ían todos a vela, empurrados polo vento, é un explorador chamado Cristobal Colón cruzou o Océano Atlántico con 3 carabelas, barcos de vela, ata chegar á terra, descubrindo un novo continente, América.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario