jueves, 22 de noviembre de 2012

Os nosos muíños de vento

Esta semana rematamos os muíños de vento que elaboramos con tubos de papel hixiénico, aquí vos deixo un resumo do proceso de elaboración por si a alguén lle interesa.



Primeiro colocamos papel hixiénico nun dos extremos do tubo, a modo de tellado, e o fixamos con cola branca.


Deixamos secar e coloreamos o tubo con témpera branca.


Nun cadrado branco de papel realizamos liñas rectas de cor marrón, para simular as aspas.


Recortamos polas esquinas e pegamos estas no centro, e despois colocamos as aspas no tubo cunha chatola.


 Por último pintamos unha porta con rotulador marrón e listo, xa temos os nosos muíños de vento rematados.
Esperamos que vos gusten!!!



 

1 comentario: