jueves, 22 de noviembre de 2012

Muíños de vento

Esta semana os trasniños descubrimos máis cousas sobre o vento. Sabiamos da existencia dos muíños de vento, pero non tiñamos moi claro para que servían.
Hai muíños de vento que aproveitan a forza do vento para moer gran e facer fariña. Son moi antigos, e mesmo descubrimos que un señor chamado Miguel Cervantes, fai xa moitos anos, escribiu un libro titulado Don Quixote, que conta a historia dun cabaleiro andante que loitou contra uns muíños de vento, pensando que eran xigantes, debía ser un cabaleiro moi despistado.







































Tamén hai muíños de vento que serven para extraer auga. O vento move as aspas e estas a súa vez fan funcionar unha bomba que extrae a auga de debaixo da terra e a traslada a un depósito.


E por último temos os muíños de vento coñecidos como aeroxeradores, que aproveitan a forza do vento para xerar enerxía coa que temos luz e funcionan os aparellos eléctricos.


O ano pasado visitamos o Parque Eólico Experimental de Sotavento, e aprendimos moitas cousas sobre as enerxías renovables solar e eólica. Podedes visitar a entrada do blog sobre esa excursión no seguinte enlace: http://trasninhosnaescola.blogspot.com.es/2012/05/parque-eolico-experimental-sotavento.html

E se queredes saber máis sobre o Parque Eólico de Sotavento ou informaros sobre visitas clicade na seguinte imaxe para ver a páxina web.



No hay comentarios:

Publicar un comentario