viernes, 5 de octubre de 2012

Proxecto O VENTO

Ola a todos. Xa temos proxecto para este 1º trimestre. Cómo xa saberedes este curso, como en cursos anteriores, participamos no proxecto Voz Natura, dedicada esta ano as Enerxías Renovables, así que decidimos investigar sobre O VENTO, e hoxe estivemos a poñer en común todo o que sabemos sobre o vento:
-O vento é aire.
-Sopra.
-Tira as follas das árbores.
-Tamén move as árbores.
-Está moi frío.
-Ten moita forza.
-A algunhas bolboretas gústalles.
-O vento fai as ondas do mar.
-Move as sementes.
-O vento move as aspas dos muíños para facer fariña.
-Tamén move os muíños de vento para que apareza a electricidade.
-A electricidade serve para que funcionen as cousas e haxa luz.



Unha vez falado o tema facémonos as seguintes preguntas:
Qué é o vento?
É sempre frío?
Por qué ten tanta forza?
Qué cousas pode mover o vento coa súa forza?
Qué relación hai entre o vento e algúns animais e plantas?
Qué é un muíño de vento e para que serve?




Para axudarnos na nosa investigación necesitamos a vosa colaboración aportando información sobre o tema. Non esquezades que calquera tipo de material pode ser moi útil: contos, libros, vídeos, obxectos, fotos, pelis, cancións, xogos...

Moitas grazas a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario