viernes, 26 de octubre de 2012

Proxecto O Vento. Máis materiais

Este semana os trasniños Iván e Lara trouxeron a clase varios materiais sobre o vento.
Por un lado Iván fixo un mural moi bonito cos seus pais no que aparecen diversos elementos relacionados con este, como son o muíño de vento, o papaventos (cometa), o veleiro, o viraventos (veleta)...
Por outra parte Lara ensinounos toda a información sobre o vento que buscou na casa coa súa familia e que presentou desta forma tan bonita.
Para a próxima semana esperamos poder ensinarvos algúns traballos realizados na aula.
Bicosssssssssss







No hay comentarios:

Publicar un comentario