martes, 30 de octubre de 2012

Proxecto O vento. Máis cousas.

Hoxe Vanesa trouxo a clase varios materiais moi interesantes sobre o vento. Por unha parte investigou moito coa súa nai e elaborou un traballo moi completo non que aparecen tamén dous contos e unha adiviña sobre o vento.
Por outra parte elaborou co seu tío un anemómetro, que de primeiras non sabiamos o que era, pero tíñamos claro que o vento movía os seus brazos. Ao final descubrimos que serve para medir a velocidade do vento, e aínda que este non é un anemómetro propiamente dito, decidímonos a probalo no patio, pero a mala sorte fixo que non houbese nada de vento esta mañá. Haberá que esperar a outro día.
Bo traballo Vane!!!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario