sábado, 20 de octubre de 2012

Mural sobre o outono

Esta semana estivemos falando na aula sobre o outono e os cambios que se producen na paisaxe coa chegada desta estación. Así que elaboramos un bonito mural entre todos para adornar a aula. Coloreamos follas de castiñeiro e carballo, árbores tipicamente galegas, así como landras e castañas, esquíos, cogomelos e mesmo ao vento. Despois recortamos todo con moito coidado e listo, xa temos feito ou noso mural. Esperamos que vos guste. 
Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario