miércoles, 30 de mayo de 2012

Festa Fin de Curso Voz Natura 2011-2012

Tres días antes de que todo o planeta conmemore o Día Mundial do Medio Ambiente, Voz Natura celebrará a súa xa tradicional festa fin de curso que terá como protagonista a unha comunidade formada por 288 centros, case 49.000 alumnos e 3.000 profesores.                                                         Será o sábado 2 de xuño, a partir das once da mañá, no parque deportivo de Acea de Ama, no municipio coruñés de Culleredo.

A festa converterase na clausura da décimo quinta edición do programa que se está a desenvolver durante este curso 2011-2012. Será o marco para a entrega dos premios aos proxectos máis destacados e tamén acollerá a exposición final na que profesores e alumnos mostrarán os traballos realizados durante todo o curso para protexer e recuperar os ecosistemas.

 Ademais da comunidade Voz Natura, á festa poderán asistir todas as persoas que o desexen que, ademais, poderán acceder gratuitamente e participar nas actividades lúdicas, xogos, talleres e competicións deportivas que se ofrecerán ao longo da xornada.

Como en cursos pasados, o Ceip de Tabeaio e o Ceip de Herves, que compartimos proxecto, preparamos unha pequena mostra de todo o realizado ao longo do curso.

Para saber máis sobre a festa podedes visitar o seguinte enlace: http://www.voznatura.es/fiesta/index.php?idseccion=11

 

 

Podedes ver máis fotos da nosa mostra visitando a páxina web do cole ou seguindo este enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/ceiptabeaio/?q=node/35

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario