miércoles, 28 de marzo de 2012

Educación ambiental Proxecto Mandeo.

Hoxe, despois do recreo, visitaron o noso centro uns monitores do proxecto Mandeo. 

Á aula dos trasniños veu unha moza moi simpática chamada Verónica que nos ensinou moitas cousas sobre o río Mandeo como os animais e plantas que viven ao carón do río, de onde ven a auga, para que utilizamos esa auga e porque non debemos contaminala nin desperdiciala.

 Liunos un conto moi chulo sobre un merlo rieiro que vai percorrendo o río e fixemos uns monicreques coas personaxes do conto e un teatrillo para interpretar o conto.








Ademais regaláronnos un conto do merlo a cada un para levar á casa.
Pasámolo moi ben e aprendimos o importante que é a auga para os ecosistemas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario