miércoles, 21 de marzo de 2012

Día da Árbore 2012. Reforestamos


Hoxe, para conmemorar o Día da Árbore, e dentro do proxecto Voz Natura deste ano dedicado á reforestación, os nenos/as das escolas de Herves e Tabeaio participamos nunha plantación de castiñeiros na área da Brexa, organizada polo Concello de Carral. Pasámolo moi ben plantando e regando os castiñeiros, así como subíndonos ao camión de bombeiros, xogando á roda e paseando ao carón do río. 

video

Por certo, descubrimos uns insectos moi curiosos chamados zapateiros ou tesoiriñas que poden flotar na auga.


No hay comentarios:

Publicar un comentario